PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO:
- PRÁCTICAS DE LABORATORIO: Asistir á totalidade das prácticas de laboratorio. Superar a proba práctica cun 50% da cualificación total desta.
- TRABALLOS TUTELADOS: Realizar o traballo tutelado de acordo ás pautas do profesor. Obter, polo menos, un 50% da cualificación total do traballo tutelado. E obrigatorio a asistencia á exposición dos traballos tutelados, salvo causas xustificadas.
- PROBA OBXECTIVA: Superar a proba obxectiva cun 50% da cualificación total desta.
É NECESARIO QUE A SUMA DE TÓDALAS METODOLOXIAS OBTEÑAN UN 50% DA CUALIFICACIÓN TOTAL DA MATERIA.
MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase pola nota máis altas. De existir empate tomarase como referencia a nota máis alta das metodoloxías dende as de máis peso as de menor peso na avaliación.
NON PRESENTADO. O alumnado que non se presente á proba mixta será avaliado como "NON PRESENTADO", independentemente da participación noutras actividades.
MATRICULA PARCIAL. Para superar a materia deben superar nun 50% a nota da proba obxectiva e nun 50% a nota das prácticas de laboratorio. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria. O traballo tutelado teñen a posibilidade de facelo de modo individual. É obrigatorio a exposición e a asistencia ó día da exposición dos traballos, salvo causas xustificadas. A asistencia ós obradoiros pode ser sustituida pola realización dun traballo a acordar co profesor. O alumnado debe informar ó profesor desa situación como moito ata un mes despois do inicio das clases.
DISPENSA. O alumnado con solicitud de dispensa ten a obriga de asistir á totalidade das prácticas de laboratorio. A avaliación das prácticas de laboratorio será a mesma que para o resto do alumnado, cunha puntuación do 30 % sobre a nota, tendo que superar a mesma nun 50%. E terá a opción de ser avaliado do resto das competencias na proba obxetiva cunha puntuación do 70%, sendo requisito imprescindible para superar a materia aprobar cunha puntuación igual ou superior ó 50%. Neste caso a proba obxetiva contará con preguntas tipo test e pregunta escrita.
OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumnado que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.
2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. O alumnado presentado a 2º ou posteriores oportunidades gardaráselles as notas da parte de proba práctica, obradoiros, traballos tutelados e exposición oral sempre que participase e superase as diferentes actividades.