Teaching GuideTerm Faculty of Nursing and Podiatry |
Grao en Podoloxía |
Subjects |
Podiatric Surgery 2 |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Podiatric Surgery 2 | Code | 750G02030 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Third | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Seminar | B1 | A realización das actividades relacionadas cos Seminarios son obrigatorias na súa totalidade e non se poden recuperar ou substituír por outra actividade da materia. É necesario obter polo menos unha puntuación de 5 sobre 10 posibles para superar a materia. A non realización e/ou non entregar todas as actividades relacionadas cos Seminarios en tempo e forma suporá o suspenso da materia. Na cualificación dos Seminarios considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, achegas ao resultado final, capacidade de síntese e de espírito crítico, adecuación e actualización da bibliografía consultada así como claridade na redacción. As pautas para a súa realización daranse o día de presentación da materia e especificaranse na plataforma virtual da UDC. A asistencia aos Seminarios é obrigatoria na súa totalidade (100%) e non se pode recuperar ou substituír por outra actividade da materia sendo necesario alcanzar a metade da puntuación total destinada a esta metodoloxía para superar a materia. En caso de non asistir á totalidade dos Seminarios e/ou non realizar as actividades relacionadas cos mesmos ou non lograr a puntuación mínima requirida, na convocatoria de xullo o alumnado deberá responder a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas. |
30 |
Laboratory practice | B5 B6 B8 B9 B19 C1 | A asistencia ás Prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade (100%) para poder ser avaliado e optar á cualificación de aprobado nas convocatorias oficiais de xuño ou xullo. Na súa realización e desenvolvemento teranse en conta as actitudes e aptitudes demostradas polo alumnado en base aos seguintes criterios: -Aplicación gradual á práctica dos coñecementos adquiridos na teoría. -Destreza e habilidade na execución das técnicas explicas. -Cumprimento das normas xerais de prácticas, da UDC e normativa en materia de prevención COVID-19. -Grao de interese e participación |
10 |
Supervised projects | B3 B5 B8 | Realizarase 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado coa materia. As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse na plataforma virtual da UDC. Na súa elaboración valorarase a utilización do inglés escrito. A non realización e/ou participación no Traballo tutelado supón o suspenso da materia. Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada e claridade na súa redacción. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar esta metodoloxía. A non realización e/ou participación no Traballo tutelado supón o suspenso da materia. Neste caso o alumnado deberá responder na convocatoria de xullo a 30 preguntas tipo test relacionadas coas temáticas abordadas. |
20 |
Objective test | A33 B17 | Realizarase unha proba obxectiva final individual e presencial que constará de 60 preguntas tipo test (40% da cualificación final da materia) Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas Sesións maxistrais, coas Prácticas de laboratorio, cos Seminarios e con todos aqueles temas de interese que o profesor indique e que deberán ser traballados polo alumnado. O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar esta metodoloxía. Cara á metade do cuadrimestre (en data que será notificada e publicada con suficiente antelación) realizarase unha proba obxectiva parcial individual tipo test dos contidos da materia e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento. Esta proba tipo test forma parte da proba obxectiva final e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumnado non terá nin poderá volver examinarse na convocatoria de maio e/ou xullo dos contidos xa avaliados e superados. Supón un 20% do valor total da proba obxectiva. Será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba parcial liberatoria e para que a porcentaxe asignada (20% do valor total da proba obxectiva) contabilice na avaliación final da materia facendo a media correspondente. En caso de suspender a proba obxectiva parcial liberatoria o alumnado deberá examinarse de todos os contidos da materia na convocatoria de maio e non se terá en conta ese 20% do valor da proba liberatoria. |
40 |
Assessment comments | |||
|