Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
3
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Empresa
Coordinación
Anido Martinez, Cristina
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
Profesorado
Anido Martinez, Cristina
Ruiz Lamas, Fernando
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
fernando.ruiz@udc.es
Web
Descrición xeral
Introducir ao alumnado nos conceptos básicos relativos ao proceso de interpretación da información financeira.
Comprender os obxectivos e características dos estados contables publicados polas empresas.
Aplicar diferentes técnicas de análise para determinar a situación económica-financeira das empresas.
Identificar os datos relevantes para o proceso de toma de decisión dentro das empresas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Todas, ao poder aplicarse tanto na aula presencial como virtual mediante ferramentas TIC síncronas e asíncronas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
– Non se realizarán cambios
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
CORREO ELECTRÓNICO
– De uso cotiá para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
MOODLE
– Foro de formulación e resolución de dúbidas. A disposición do alumnado en todo momento para iniciar o proceso de formulación e resolución de dúbidas
– Difusión de materiais. A disposición do alumnado en función da evolución no contido da materia
– Actividades de autoavaliación e avaliación. Na data e no horario acordado
TEAMS
– Videoconferencias para a realización das sesións expositivas e interactivas. Semanalmente na franxa horaria que ten asignada a materia
– Videoconferencias para a atención personalizada. Na data e no horario acordado entre o docente e o estudante/equipo de traballo mediante un correo electrónico previo
– Videoconferencias para a realización das actividades de avaliación. Na data e no horario acordado
4. Modificacións na avaliación
– Non se realizarán cambios
*Observacións de avaliación:
– Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, e ademais:
– As actividades de avaliación realizaranse a través de Moodle, podendo o docente requirir a defensa oral, parcial ou total, das actividades entregadas e avaliadas.
– Solicitarase ao alumnado que estea conectado mediante unha videoconferencia en Teams dende o inicio ata o final da proba para as oportunas verificacións por parte do docente.
– No caso de acontecer problemas de conexión no momento de realizar as actividades de avaliación, realizarase posteriormente unha videoconferencia en Teams co alumnado afectado para realizar a actividade oralmente e así adaptarse aos problemas de conexión sobrevidos.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
– Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías