Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega e Comunicación Oral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A4 A15 A21 A23 B1 B3 B8 B10 A participación nas prácticas orais do obradoiro será avaliada através do portafolio dixital até un 50% da cualificación total posíbel.
50
Traballos tutelados A2 A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 C4 Valorarase fundamentalmente a aprendizaxe autónoma e o grao de consecución das destrezas propias da materia.
Cada un dos dous traballos será avaliado até un 20% da cualificación final.
40
Presentación oral A4 A15 A21 B3 B4 B6 C1 C3 C6 A calidade fonética e os recursos e estratexias fonoexpresivas empregadas serán avaliados, xunto coa clareza e a coherencia-cohesión do discurso, até un 10% da cualificación final.
10
 
Observacións avaliación

1. As persoas con matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica
deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través
do correo electrónico para coñecer a maneira de acompañar o curso
através das ferramentas de comunicación asíncrona estabelecidas ao
efecto.

2. Para alén de alcanzar unha cualificación total superior a 5 valores sobre 10, para superar a materia serán requisitos indispensábeis
a asistencia ao 80% das prácticas do obradoiro e a realización dos dous traballos tutelados. Quen non cumprir ambas as condicións será considera/o NON PRESENTADA/O.

3. Na segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria
adiantada de decembro haberá que realizar os mesmos traballos e probas
que na primeira e o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas
mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter
realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis,
abrirase un novo prazo para a súa presentación. O obradoiro acompañarase segundo as instrucións recollidas no campus virtual da materia.

4. As persoas que se
matricularen na convocatoria adiantada de decembro deberán contactar co
profesor antes de o mes de novembro concluír.

5. Salvagardando en
todo o momento os dereitos de autoría e protexendo os datos dos mesmos,
os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser
incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou
de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir
algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse
activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario da UDC.

6.Todas os exercicios deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…). No caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo o documeneto "Exixencias mínimas de correción lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués a 6 de xullo de 2018 e incorporado ao campus virtual.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes