O principal obxetivo desta materia é proporcionar coñecemento relevante sobre os sistemas políticos contemporáneos, con especial énfase na súa recente historia e situación actual, desenvolvendo capacidades para o estudo comparado. Seguindo varios modelos de análise das diferentes dimensións dos réximes políticos (institucións, procesos políticos, cultura política, etc.) préstase especial atención aos réximes democráticos occidentais, pero tamén se fai unha aproximación a realidade actual dos réximes políticos doutras rexións (América Latina, África etc.).
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios, excepto a posibilidade de reducir ao mínimo imprescindible os contidos da materia obxecto de exame.
2. Metodoloxías
- Metodoloxías docentes que se manteñen (sempre que sexa posible, en función das dispoñibilidades técnicas):
- Proba obxectiva
- Traballos tutelados
- Sesión maxistral
- Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico a demanda do alumnado.
- Moodle: sempre que sexa necesario realizaranse comunicacións colectivas con instrucións para o seguimento do curso ou a incorporación de materiais de apoio ao estudo.
- Teams: sempre que sexa posible, en función das dispoñibilidades técnicas, poderían realizarse sesións en Teams na franxa horaria correspondente á materia, tanto para as sesións maxistrais como para as interactivas.
4. Modificacións na avaliación (só no caso de que as clases presenciais non poidan comezar en absoluto):
- Proba obxectiva = 40%
- Traballos tutelados = 60%
Observacións de avaliación:
- As mesmas que no caso de presencialidade para o alumnado a tempo parcial.
- Para os/ as estudantes a tempo completo: 1º) no caso de suspensión da actividade presencial manterase a porcentaxe asignada á asistencia (20% que se restaría da porcentaxe asignada aos traballos tutelados) para as sesións presenciais que puidesen celebrarse, sempre que estas alcanzasen polo menos un 50%; 2º) en todos os casos para superar a materia sería necesario alcanzar polo menos 5 puntos nos items avaliables, 2 dos cales teñen que obterse no exame.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se contemplan.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías