Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Política social e servizos sociais
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Política social e servizos sociais Código 615G01308
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Piñeiro Aguiar, Edeler
Correo electrónico
eleder.pineiro.aguiar@udc.es
Profesorado
Fernández Suárez, Mónica Belén
Piñeiro Aguiar, Edeler
Correo electrónico
belen.fernandez.suarez@udc.es
eleder.pineiro.aguiar@udc.es
Web http://www.sociologia.udc.gal
Descrición xeral Esta materia pretende dotar dos conceptos sociolóxicos que permitan ao alumnado comprender e iniciarse no coñecemento, análise e deseño das políticas públicas e dos servizos sociais, desde un enfoque multidimensional; así como traballar en ambos ámbitos de actuación, desde a súa obxectivación, teorización, metodoloxía, xestión e formulación de propostas, para adquirir e aplicar así competencias profesionais.
Plan de continxencia No caso que mor do COVID19 teñamos que pasar de docencia presencial a docencia non presencial teranse en conta este plano de continxencia: 1. Modificacións nos contidos Os contidos teóricos da materia pasarán a ser impartidos de forma dixital a través da Plataforma TEAMS. As clases terán unha duración máis reducida por cuestións pedagóxicas, e asignaranse, material complementario para a correcta comprensión da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Sesión maxistral – Discusión dirixida – Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación) – Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican – Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados” e leituras e reseñas de libros) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Dúas veces por semana. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Semanalmente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Unha sesión semanal en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados e leitura e reseña de libros (100%): En relación con estas tarefas valorarase: a) A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. b) profundidade do contido. c) O dominio das técnicas de investigación na elaboración da investigación d) O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. e) A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. f) A presentación e a claridade da exposición. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, salvo que se elimina a proba obxectiva (exame), e esta porcentaxe da nota da avaliación pasa a sumarse ás porcentaxes dos traballos tutelados e a recensión do libro (que se demandaría a entrega de dúas reseñas e non de unha). REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e reseñas de libros (2). 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se producen modificacións na bibliografía da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes