Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión da Innovación Industrial en Moda
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Xestión da Innovación Industrial en Moda Código 710G03029
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
lucia.rey.ares@udc.es
Profesorado
Crespo Pereira, Diego
Pernas Álvarez, Javier
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
diego.crespo@udc.es
javier.pernas2@udc.es
lucia.rey.ares@udc.es
Web
Descrición xeral A innovación transcende desde a tecnoloxía, á economía e á sociedade, facendo da xestión da innovación un factor crítico para as organizacións no século XXI. Neste contexto, esta materia trata de proporcionar ao alumnado unha nova visión do entorno que o rodea, proporcionándolle coñecementos, ferramentas e metodoloxías para a correcta xestión da innovación nas empresas, facendo especial fincapé naquelas do sector da moda.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizan modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Todas as indicadas na guía docente, que pasan a realizarse de xeito non presencial, a través das ferramentas dispoñibles na UDC. *Metodoloxías docentes que se modifican - Non se realizan modificacións. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico: canle que o alumnado poderá empregar para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Campus virtual: esta canle emprégase para, semanalmente, poñer a disposición do alumnado o material (presentacións, casos prácticos, exercicios...) e requirir a entrega de actividades -segundo o calendario de entregas previsto-. Disporase dun foro de carácter máis xeral, que se empregará como canle de comunicación principal do profesorado co alumnado. Ademáis, o alumnado disporá dun foro específico para formular dúbidas e preguntas relacionadas coa materia. O alumnado poderá facer uso deste mecanismo de atención personalizada diariamente, segundo as súas necesidades. - Microsoft Teams: cada semana realizaranse a través desta canle sesións expositivas e interactivas síncronas para o avance dos contidos teóricos e as actividades previstas; sesións que se realizarán na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de clases da facultade. Tamén se realizará a través desta vía o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”, así como a realización de titorías a demanda do alumnado. 4. Modificacións na avaliación - Mantense o sistema de avaliación indicado na guía docente, xa que as metodoloxías obxecto de avaliación pasarían a realizarse de xeito non presencial. *Observacións de avaliación: - As indicadas na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. O alumnado disporá dos materiais de traballo (en concreto, presentacións, casos prácticos e exercicios) en formato dixital no campus virtual. Así mesmo, as fontes de información da guía docente xa recollen algún recurso aos que o alumnado pode acceder de xeito gratuíto dende a rede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes