Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Bases para a interpretación do coñecemento científico
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Bases para a interpretación do coñecemento científico Código 750G01008
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Freijomil Vázquez, Carla
Correo electrónico
carla.freijomil@udc.es
Profesorado
Freijomil Vázquez, Carla
Pértega Díaz, Sonia
Seoane Pillado, María Teresa
Correo electrónico
carla.freijomil@udc.es
s.pertega@udc.es
maria.teresa.seoane.pillado@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico establece os elementos metodolóxicos, cuantitativos e cualitativos, que necesita o/a estudante para ser consumidor crítico da información científica da sua disciplina no ámbito das Ciencias da Saude
Plan de continxencia A docencia será presencial. Observacións particulares: * Metodoloxía Cuantitativa: No caso de que un ou varios alumnos atópense confinados, estes deberán comunicarllo as profesoras da materia co fin de valorar un plan alternativo que non prexudique a súa evolución na materia. * Metodoloxía Cualitativa: No caso de que algún estudante (ou grupo de estudantes) se encontre confinado por COVID-19 ou contacto estreito, terá que conectarse de forma síncrona a través da plataforma TEAMS á clase presencial e remitir os traballos propostos a través da plataforma Moodle. No caso de que algún alumno (ou grupo de alumnos) se encontre confinado por COVID-19 ou contacto estreito o día marcado para a avaliación presencial, terá que remitir os informes que o avalen, e se acordará unha data de avaliación entre o docente e o alumno unha vez finalizado o illamento. No caso dunha nova situación de pandemia que provoque o peche das actividades presenciais levaranse a cabo as seguintes medidas: 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: Manteranse todas as metodoloxías docentes. *Metodoloxías docentes que se modifican: Non se realizarán cambios nas metodoloxías da materia. As metodoloxías programadas previamente de xeito presencial pasarán a desenvolverse de xeito virtual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Correo electrónico: De uso para consultas, resolver dudas e facer seguimento dos traballos. Moodle: Desenvolvemento do contido teórico e práctico. Posibilidade de xerar foros temáticos e de actividades específicas. Teams: Sesión semanal (no caso de que corresponda docencia virtual) en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos problemas prácticos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Sesions acordadas por grupos de alumnos para o seguemento e desenvolvemento dos traballos grupais planteados para a avaliación continua. 4. Modificacións na avaliación Non se farán cambios na avaliación da materia. *Observacións de avaliación: As diferentes actividades de avaliación continuada efectuaranse de xeito non presencial, mediante a plataforma Moodle e con soporte en directo mediante Teams. A proba final realizaríase a través da plataforma Moodle. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Disporán de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes