Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estadías Clínicas III
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Realizarase un seminario obrigatorio antes do inicio da rotación no ámbito sociosanitario. para planificar e explicar o traballo que teñen que entregar durante a súa rotación no ámbito sociosanitario.

- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
No ámbito sociosanitario o alumnado debe seleccionar un residente, para realizar unha reflexión pormenorizada basada na evidencia científica actual, seguindo una rúbrica colgada en Moodle e explicada durante o seminario obrigatorio. Será muy importante o manexo de fontes actuales e fiables ( protocolos vixentes, guías de pratica clínica...)e as referencias según normativa Vancouver relativas a o tema tratado.

Realizarase tutoría obrigatoria para realizar a avaliación do relato reflexivo, os estudantes estarán citados e será una actividade obrigatoria a asistencia a misma.

- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado.
Portafolios do alumno Para a valoración final das prácticas (Saúde Mental) é obrigatorio a entrega dun portafolio (comentario reflexivo) (non cuantificable) sobre as vosas prácticas nas unidades de saúde mental polas que rotades. O máximo de extensión do comentario é de 350 palabras. O obxectivo dun ensaio reflexivo non só é falar do que aprendiches, senón que tamén é importante transmitir as túas experiencias persoais e as conclusións resultantes.

- Realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas nos diferentes ámbitos.
Sesión na aula, se explica e aclaran todoslos aspectos necesarios para o desenvolvemento adecuado da práctica clínica nos tres ámbitos da Estancia Clínica.
Especificaránse traballos a entregar, datas de entrega, datas de comenzo da practica clínica e fichas de avaliación, normativa das Practicas Clínicas, accidentes biolóxicos....

Prácticas clínicas O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que o alumnado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes