Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Clínica II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Enfermaría Clínica II Código 750G01035
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Fernández Basanta, Sara
Correo electrónico
sara.fbasanta@udc.es
Profesorado
Fernández Basanta, Sara
Varela Feal, Nuria Esther
Correo electrónico
sara.fbasanta@udc.es
nuria.varela.feal@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Esta materia trata de iniciar ao estudante na aplicación dos coidados específicos da profesión utilizando o paradigma enfermeiro como base conceptual, considerando á persoa, familia e comunidade como elementos principais para a aplicación dos coidados enfermeiros apoiando-se en modelos e teorías de enfermaría.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación. 2. Metodoloxías As metodoloxías docentes serán mantidas no caso de que un/ha ou varios estudante/s estén confinados. Nese caso, levarase a cabo docencia síncrona online (no caso das leccións maxistrais e o resto de metodoloxías). Ante esta situación, as profesoras deberían ser avisadas canto antes e enviarlles os informes xustificativos. Se o confinamento individual afecta o desenrolo da proba obxectiva, esta deberase realizar de forma presencial nunha nova data acordada entre o alumnado afectado e as docentes. No caso de que exista un peche de actividades presenciais, as metodoloxías docentes adaptaranse a virtualidade. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC, o TEAMS, e o correo electrónico institucional as canles principais de comunicación. 4. Modificacións na avaliación: Ningunha *Observacións de avaliación: A realización das probas será mediante o uso das ferramentas informáticas institucionais. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes