Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Economía
 Asignaturas
  Análise de Decisións Económicas e Mercados
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Análise de Decisións Económicas e Mercados Código 611532001
Titulación
Máster Universitario en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
laura.varela.candamio@udc.es
Profesorado
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
laura.varela.candamio@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta mateira é dobre. Por un lado, dada a potencial heteroxeneidade do alumnado, busca igualar os coñecementos dos alumnos na materia. En segundo lugar, busca profundizar en problemas de coordinación dos axentes nos mercados e explicar as súas posibles solucións propostas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Sesión maxistral (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Faitic) – Proba obxectiva (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Faitic) *Metodoloxías docentes que se modifican Non se realizarán cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da solución de problemas. – Faitic: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros” (valorarase a inclusión de foros temáticos asociados a cada módulo da materia), para formular as consultas necesarias. Tamén se poderán propoñer “foros de actividade específica” para desenvolver a “Solución de porblemas”, a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Faitic: sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e da solución de problemas na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. No seu caso, sesións semanais (segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización da “solución de problemas”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Non se realizarán cambios *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: Elimínase o requisito de asistencia oblrgatoria ás clases. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: a) Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. b) Obter unha puntuación total mínima do 50% do total de actividades obxecto de avaliación. d) A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a primeira oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. O alumnado xa dispoñe de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Faitic.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes