A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua. A cualificación final será a media ponderada de cada unha das partes: un 40% da proba obxetiva e un 60% do portafolio. Será necesario aprobar o exame para que se poda facer a media.
No caso de non seguir a avaliación continua, o alumnado poderá presentarse a proba obxetiva nas convocatorias oficiais que consistirá nun exame que abarcará toda a materia e estará composto por cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas.
Os exames celebrarase nas datas que estableza o centro nos seus calendarios oficiais de primeira e segunda oportunidade.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica se acordará a principio de curso un calendario específico de tutorías compatible a súa dedicación.
INSTRUCIÓNS SOBRE A ENTREGA DE TRABALLOS E XUSTIFICANTES DE AUSENCIA.
- As prácticas avaliables han de entregarse a través de moodle na data indicada. Fóra desta data, os traballos só se recollerán de maneira excepcional e por causas de forza maior debidamente xustificadas.