Descrición xeral |
A materia de Meteoroloxía en condicións extremas ten os seguintes obxectivos:
Coñecer a orixe e evolución das principais condicións meteorolóxico-oceanográficas que requiren extrema precaución durante a navegación marítima.
Adquirir a habilidade para avaliar a situación do buque ante tales fenómenos e tomar as decisións adecuadas sobre un posible cambio de derrota.
Coñecer os formatos de difusión dos informes, mapas e boletíns meteorolóxicos referentes a condicións extremas de ventos, ondas e xeo, así como a obriga de contribuír mediante observacións e informes propios á difusión de información sobre eles.
Competencias a availar: A8, B2, B7, B10,C6 y C8
Competencias a availar: A8, A9, B2, B9, B10, B14, C6
Competencias a availar: A8, A9, A17, B2, B6, B10, B14
Competencias a availar: A8, A9, B2, B6, B7, B10, B14, C6, C8 |
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
Metodoloxías docentes que se modifican
– Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”.
4. Modificacións na avaliación
Proba online (50%)
Traballos tutelados (50%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
A profundidade do contido.
O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
A presentación e a claridade da exposición.
Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
3. Entregar/ expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira
dixitalizada en Moodle.
|