- Na cualificación final da materia do alumnado que asiste ás aulas tamén influirán variantes como a participación nas aulas, o interese mostrado polas actividades propostas, a valoración da resposta do alumnado e das achegas académicas e das actitudes profesionais demostradas no marco da docencia presencial.
-Os obradoiros inclúen ou poden incluír a asistencia a actividades que, aínda que se realicen fóra do horario específico da materia, poidan ser beneficiosas para o desenvolvemento dos contidos relativos a esta.
- Para aprobar a materia será necesario ter superadas todas as partes, en calquera das dúas oportunidades, obtendo no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Excepcionalmente, o alumnado terá a posibilidade de ser avaliado na súa totalidade con base no exame.
- A avaliación do alumnado que non asiste regularmente ás aulas (ben por recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, ben por ausentarse en máis dun 20% no caso do alumnado que carece de exención) será feita con base na proba de ensaio escrita e un traballo titorizado. Desde o inicio das aulas, este alumnado porase en contacto coa docente para establecer un plan de traballo.
- Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá a parte suspensa e manterá a nota daquelas que foron superadas, se ben que isto non será aplicábel dun curso para outro.
- Para superar a materia o alumnado deberá ser capaz de expresarse con corrección e fluidez en todas as probas de avaliación e nas diferentes tarefas e traballos obrigatorios.
Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbel, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.