Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Logopedia |
Subjects |
Psychology of Language Development |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2021/22 | |||||||||||||
Subject | Psychology of Language Development | Code | 652G04007 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
First | Basic training | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Student portfolio | B2 B4 B5 B24 C3 C6 C7 | O cartafol servirá como mostra ou evidencia das aprendizaxes acadadas na materia. Deberá presentarse ao remate da mesma, debidamente estructurado de acordo as indicacións efectuadas para a súa realización. Para facilitar a autoavaliación, o alumnado seleccionará e incorporará os materiais que considere oportunos entre todos os produtos finais do traballo realizado nas sesións expositivas e interactivas. Entre o material seleccionado poderá incorporar os comentarios ou cualificacións oportunas realizadas por parte do profesorado ou compañeiros. A súa entrega en prazo e forma oportunas suporá un 10% da cualificación total da materia. | 10 |
Mixed objective/subjective test | A2 A3 A8 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B13 C3 | Realizaráse unha proba de avaliación dos contidos impartidos ao longo do curso. A proba consistirá na resolución de cuestións de resposta curta así como de cuestións tipo test (varias alternativas de resposta nas que o estudantado deberá escoller cal é a correcta). Terá un peso do 40% da nota final. A entrega en prazo e forma oportunas de todos os comentarios, informes, actividades, etc. que se realicen sobre as fontes documentais suporá un 10% da cualificación total da materia. |
50 |
Case study | A3 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B24 C6 | A análise e resolución dos casos prácticos será o 25% da cualificación final da materia. | 25 |
Supervised projects | A2 A8 A26 B1 B2 B3 B24 C3 C6 | As tarefas e actividades propostas permitirán a avaliación continua dos progresos de cada estudante na consecución dos contidos programados, tanto teóricos como prácticos. Terán un peso do 15% na cualificación total da materia. | 15 |
Assessment comments | |||
OPCIÓN A: Alumnado con dedicación completa (asistencia/participación nas actividades lectivas igual ou superior ao 85%) a) Traballo en grupo (máx.50%): Elaboración e presentación dos estudos de casos (25%) e traballos tutelados (15%), así como a elaboración e presentación dun portafolio (10%). b) Traballo individual (máx. 50%): Realización dunha proba escrita sobre os contidos da materia (40%) na que se evidencie o análise realizado das fontes documentais (10%). OPCIÓN B: Alumnado con dispensa académica (recoñecemento da condición de estudante a tempo parcial, previa solicitude ó Decanato) - Tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), o alumnado que ten recoñecida a condición de estudante a tempo parcial terá que asistir ás titorías que así se estipulen de acordo a súa dispoñibilidade para concretar a metodoloxía de avaliación e os porcentaxes correspondentes. En todo caso, malia que o traballo se realice dun xeito individual, deberá realizar as mesmas tarefas que os compañeiros (proba mixta, análise de fontes documentais, estudo de casos, traballos tutelados e portafolio). ESPECIFICACIÓNS ADICIONAIS: 1. Para superar a materia debe obterse unha cualificación positiva en cada unha das metodoloxías propostas. É necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación: proba mixta (mín. 25%),estudos de casos (mín. 12,5%), traballos tutelados (mín.7,5%) e portafolio (mín.5%). 2. Antes da data do exame oficial presentaranse o portafolio e todas as tarefas e actividades realizadas tanto nas sesións expositivas como interactivas: para presentarse a proba práctica é condición indispensable. A non presentación en prazo e forma oportunas implicará unha cualificación das mesmas do 50%, cómo máximo, de acordo ás porcentaxes especificadas no punto anterior. 3. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 4. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou b) non se presente á proba do período oficial de avaliación. 5. No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento" |
|