A materia versará sobre as indicacións e contraindicacións na aplicación de prótese e ortesis á extremidade inferior; deseño, obtención e aplicación mediante diferentes técnicas e materiais de prótese e ortesis para as alteracións do pé, asi como coñecer e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior. Apricando estes contidos teórico-prácticos a unhas primeiras prácticas clínicas no servizo de Patomecánica e Ortopodoloxía da Clínica Universitaria de Podoloxía da UDC (CUP)
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Ningún
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
-Sesión maxistral. Adaptarase a presencialidade á situación epidemiolóxica do momento. Para aqueles alumnxs que por motivos de corentena ou confinamento (individual ou grupal) non poidan acudir presencialmente (que deberán de acreditar adecuadamente a través do campus virtual da materia e comunicándoo o mesmo día ao docente da materia por correo electrónico), farase de forma telemática, se é posible participando en directo telemáticamente na sesión do TEAMs da Materia. No caso de confinamento total atenderase as instrucccións da UDC, puidendo levar á docencia virtual total da materia.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
-Prácticas clínicas. Para aqueles alumnxs que por motivos de corentena ou confinamento (individual ou grupal) non poidan acudir presencialmente (que deberán de acreditar adecuadamente a través do campus virtual da materia e comunicándoo o mesmo día ao docente da materia por correo electrónico) modificarase na medida do posible o calendario de prácticas puidendo ter que facer cambios de data do grupo que realizará as prácticas, para cumprir, sempre que se poda, o número de prácticas totais do alumnado. De non poder realizarse o 100% das prácticas clínicas intentarase a recuperación de, como mínimo, o 50% das mesmas dentro do periodo permitido.
-Obradoiro. Os obradoiros presencias de darse o caso de non poder realizarse por corentena, confinamento xustificado (individual ou grupal) ou confinamento total serán sustituidos por outras actividades virtuais a través de Teams ou Campus Virtual, de xeito individual ou en grupo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada realizarase a través do correo electrónico e da plataforma Teams no horario de titorías da docente.
4. Modificacións na avaliación
As metodoloxías e porcentaxes de avaliación se manteñen.
-A PROBA OBXECTIVA e a PROBA PRÁCTICA realizarase de modo presencial según as normas de presencialidade do momento.
-OBRADOIRO. Avaliarase a participación nos obradoiros realizados presencialmente e/ou a resolución das actividades virtuais.
-PRÁCTICAS CLÍNICAS. De darse a situación de non poder levar a cabo a totalidade das prácticas o alumnado deberá realizar un mínimo do 50% das prácticas para superar a materia, recuperándose posteriormente no periodo permitido. Nesta situación avaliarase as prácticas realizadas( mínimo 50%), cun poscentaxe do 30% da avaliación.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Sen cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías