O obxectivo desta materia é introducir ao estudante no estudo e aplicación das ferramentas de Análise Económica para o funcionamento das economías rexionais e urbanas con especial atención aos problemas de desenvolvemento.
A estruturación da docencia preséntase en dous bloques. O primeiro introduce as teorías elementais sobre desenvolvemento rexional, así como as políticas aplicables para promocionala. Ademais, dada a relevancia e especificidade da materia, realízase unha incursión no estudo das economías urbanas. Simultáneamente, abordaranse e se poñerán en práctica as técnicas básicas de análise e diagnóstico territorial para o estudo de casos específicos. Neste sentido, o obxectivo é introducir ao alumno na elaboración de plans de desenvolvemento territorial a partir dunha análise exhaustiva da realidade socioeconómica e a aplicación das teorías sobre o desenvolvemento.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías