Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Poscolonial
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Neste tipo de sesións as docentes explicarán a) o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos e autores/as a analizar, b) conceptos teóricos dos estudos poscoloniais, c) pautas para analizar críticamente e para facer un uso axeitado das teorías poscoloniais.
Discusión dirixida Animarase ao alumnado a debatir e expresar a súa opinión, tanto de forma oral como escrita. Esta discusión dirixida pode complementar as sesións maxistrais nas clases de grupo grande (DE), aínda que se levará a cabo fundamentalmente nas clases interactivas (DI).
Proba de ensaio O alumnado redactará dous ensaios (un a mediados do cuadrimestre e o outro cara ó final) sobre os contidos expostos en DE e parte das obras estudadas nas clases interactivas.
Proba mixta Este tipo de proba valorará a capacidade do/a estudante para comprender e aproximarse a un texto literario de xeito crítico por medio de preguntas sobre os textos analizados no curso. Ademais, o alumnado deberá demostrar que comprenden os principais temas e conceptos teóricos do poscolonialismo, e que os poden aplicar ao estudo de textos literarios.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes