Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Historia da Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A11 A13 A16 A17 A18 A19 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 C6 Incluen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo e serán avaliadas ao longo do primeiro cuatrimestre. O seu calendario da avaliación comunicarase ao estudante durante o curso. 40
Proba obxectiva A21 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B13 B14 C1 C2 C6 Consistirá na realización dun examen escrito sobre os contidos teóricos do programa na data oficial da primeira oportunidade. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa. 60
 
Observacións avaliación

Normativa de avaliación:

  • Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de información.
  • Así mesmo, recomendamos a asistencia á clase da materia dende o primeiro día, aínda que o estudante estea pendente de completar o proceso de matrícula, xa que o calendario da avaliación fixado aos inicios do curso é independente da data de matrícula individual do alumno.
  • É necesario que cada alumno que desexe realizar as probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se vaia realizar a proba (ten que acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente).
  • Estudantes con "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia": excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas de ser preciso acordarase ao inicio do curso un calendario específico compatible coa súa dedicación, sempre e cando ese calendario estea integrado na franxa horaria lectiva correspondente ás probas prácticas realizadas nas aulas dos distintos grupos. O estudante que se atope nestas circunstancias debe poñerse en contacto cos seus docentes vía correo electrónico da UDC antes do 30 de setembro de 2022.
  • Os estudantes deben consultar obrigatoria e frecuentemente o campus virtual da materia (moodle), onde o/a docente coloca a información relevante. Ademais, os estudantes deben subir unha foto actualizada ao seu perfil de moodle para a súa correcta identificación.

Tipo de cualificación:

  • A cualificación de "non presentado" corresponde ao alumno/a, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.
Oportunidades de avaliación:
  • 1ª oportunidade: todos os estudantes, incluídos os que teñan recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderán superar a materia obtendo polo menos 50 puntos dos 100 totais entre todas as probas do curso, incluíndo o exame da 1ª oportunidade. Aqueles estudantes que non poidan acudir ás probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica -caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar as mesmas noutra ocasión que lles será comunicada tendo en conta o sinalado polo regulamento académico.
  • Respecto á convocatoria da segunda oportunidade e a da extraordinaria adiantada, ámbalas dúas consistirán na realización dunha proba obxectiva cun valor máximo do 100% da nota final. Deste xeito, nesta proba poderáse recuperar a avaliación continua correspondente ás probas prácticas realizadas no primeiro cuadrimestre. Os estudantes poderán superar a materia nas citadas oportunidades obtendo 50 puntos dos 100 potenciais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes