Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  A Contorna como Recurso Educativo 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B4 B5 C1 C9 Intervención baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado. Cada grupo deberá expor o seu traballo tutelado e responder as consideracións e preguntas realizadas polo profesorado da materia e os seus propios compañeiros. 20
Traballos tutelados A3 A15 A17 B1 B2 B8 C4 C9 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Cada grupo deberá realizar un traballo seguindo os criterios que serán indicados polo profesorado da materia. 60
Proba mixta A3 A10 C1 C3 C10 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
Utilízase en dinámicas de clase para comprobar o nivel de asimilación dos contidos e propoñer ao alumnado problemas que teñen que resolver utilizando os recursos vistos na clase. Poderán plantexarse de forma individual ou grupal, según o criterio dos docentes.
20
 
Observacións avaliación

Para que o alumnado sexa avaliado segundo os criterios
anteriores deberá participar polo menos no 80% das sesións. Se o estudante non
alcanza este nivel de participación, será avaliado polo traballo tutelado e por
unha proba individual. Neste caso, os dous ítems de avaliación (traballo e
proba individual) terán unha ponderación do 50%, solicitándose en cada un deles
unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

Este sistema de avaliación será o mesmo para a primeira e a
segunda oportunidade, entendéndose que o alumnado que alcanzase os requisitos
de participación, ten dereito a ser avaliado novamente a través do traballo
tutelado e da exposición oral. As probas mixtas realizadas na clase non poden
realizarse na segunda oportunidade, polo que se conservarán as súas puntuacións
no caso de superar o 50% deste apartado de avaliación. De non ser o caso, o seu
valor repartirase entre o traballo tutelado (que pasará a un valor do 70%) e a
presentación oral (que pasará a un valor de 30%). Na segunda oportunidade,
poderase solicitar ao alumnado que realice ambos de forma individual.

As dúas opcións
de avaliación son aplicables aos alumnos con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial, en función de se alcanzan ou non o 80% de participación nas sesións da materia.

Aqueles alumnos
con dispensa académica de exención de asistencia terán que avaliarse a través
do traballo tutelado e a proba individual, cunha ponderación do 50%,
solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para
aprobar a materia.

En ambas oportunidades a
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

NOTA: a metodoloxía “Saídas de campo” está suxeita á
posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se
dan as condicións de seguridade adecuadas, esta metodoloxía poderase substituír
por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias
ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe
colaborativa”, “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”).

Os traballos desta materia se entregan preferentemente de forma electrónica, procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Tamén se pretenderá o mesmo obxectivo coas saídas de campo, tratando en todo momento de ser responsables co medio ambiente.

Na asignatura facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Asemade deberase incorporar a perspectiva de xénero nos traballos e exposicións nesta materia.

É primordial e necesaria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos realizados como condición imprescindible para superar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes