Para superar a materia será necesario obter unha cualificación global superior ou igual a 5 puntos (sobre 10), en calquera das dúas oportunidades (xaneiro e xullo). Non poderán superar a materia aqueles alumnos que teñan menos dun 4,5 (sobre 10) na proba obxectiva e/ou un 5 (sobre 10) nas prácticas de laboratorio.
A realización de todas as
prácticas é obrigatoria para poder superar a materia, porén, poderá faltarse a
un máximo de 2 das 7 sesións. Se o alumno/a non xustifica a falta a
cualificación desta práctica será de 0 e non poderá recuperala. Se a falta está
xustificada, sempre que sexa posible se recuperará noutro grupo, e de non ser
posible non se terá en conta na avaliación. Se a cualificación final das
prácticas é inferior a 5 se devolverá a memoria, coas indicacións pertinentes,
para que o alumno/a poida corrixila e enviala para unha segunda valoración por
parte do profesorado. A cualificación desta segunda revisión será definitiva e
se aplicará para o cálculo da cualificación global, tanto na primeira coma na
segunda oportunidade.
A asistencia as titorías é obrigatoria para superar a asignatura. O alumando que asistira a menos do 50% de ditos traballos tutelados obterá unha cualificación inferior ao 50% neste apartado nas dúas oportunidades de xaneiro e xullo, independentemente de cal fora o seu aproveitamento nas probas curtas durante as títorías ou a través de Moodle. Na segunda oportunidade de xullo, para facer a cualificación global, manterase a cualificación obtida durante o curso neste apartado.
No caso de alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación dos traballos tutelados substituirase pola obtida nas titorías personalizas, cun 25% da cualificación global, na primeira e na segunda oportunidade. No caso de circunstancias excepcionais, obxectivables e acaidamente xustificadas, o profesor responsable poderá eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de realizar o proceso de avaliación continuada. O alumnado que se atope nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia nas dúas oportunidades.
Outorgarase a cualificación de "non presentado" ao alumnado que participe en menos dun 25% das actividades académicas programadas (prácticas e traballos tutelados) e non se presenten á proba obxectiva.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na oportunidade correspondente.