Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016) |
Asignaturas |
Literatura, Cultura e Identidade |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura, Cultura e Identidade | Código | 613584121 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado no foro virtual e na aula. |
Sesión maxistral | Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia. |
Traballos tutelados | Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento. |
Obradoiro | Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente pola profesora. |
Aprendizaxe colaborativa | A aprendizaxe colaborativa permitiralle ao estudantado achegarse aos textos antes das leccións maxistrais para que poda participar con maior implicación nas actividades de diverso tipo que se levarán a cabo: discusións dirixidas, comentario de textos. |
Foro virtual | En relación coa aprendizaxe colaborativa, o foro virtual será unha ferramenta esencial e obrigada de intercambio entre o estudantado e a profesora para analizar e comentar os textos e as lecturas propostas antes das leccións maxistrais: o obxectivo é que o estudantado poda participar con maior implicación nas actividades de diverso tipo que se levarán a cabo durante as sesións maxistrais. |
|