Se o alumno/a realiza o 50% das actividades propostas (o traballo tutelado), aínda que non se presente ao exame, será avaliado/a (a súa cualificación non será, pois, NP). Na segunda oportunidade, o alumnado deberá completar as actividades que se solicitan. A entrega do traballo farase o día do exame oficial.
Non admitiránse os traballos via e-mail, sempre en papel.
Para ser considerado Aprobado na
primeira oportunidade, o alumno/a deberá realizar todas as actividades
propostas e obter en cada unha delas un mínimo de 5, tanto no traballo coma na proba mixta.
Na segunda
oportunidade, o alumno/a deberá recuperar as actividades suspensas (traballo e/ou exame) e obter en cada unha delas un mínimo de 5.
O sistema de avaliación será obxecto de adaptación
para o alumnado con dispensa académica. Terán que facer o traballo tutelado (50 %) e 5 recensión bibliográficas sobre o temario para completar o outro 50 % da evaluación.
Calquera falta de honradez académina se penalizará de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario". Artículo 14.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); o coa titora ADI da Fac. de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).