Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Lecturas |
|
Descrición |
O profesorado estará dispoñible para atender de maneira personalizada todo o alumnado da materia, a través dos medios dispoñibles: correo electrónico, plataforma Teams e atención presencial. A atención personalizada será imprescindible para o desenvolvemento do traballo tutelado e dalgunha das sesións de seminario.
A atención personalizada, a través dos medios dispoñibles, será especialmente relevante e necesaria no caso do alumnado con matrícula a tempo parcial e dispensa académica.
A cadeira poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal). |
|