Discusión dirixida |
Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral).
Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final, así como outras indicacións importantes. |
Proba oral |
Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado (expresión, comprensión e interacción oral), ben mediante unha conversa ou entrevista coa profesora, individualmente ou en parellas con outras-os estudantes (poderanse utilizar textos ou material audiovisual para suxerir distintas situacións comunicativas), ben mediante a exposición dun traballo tutelado.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes. |