Estudo de casos |
A2 A3 A4 A5 B14 B1 B3 B8 B12 C1 C3 C4 C7 C9 |
Casos prácticos en grupo tanto para alumnos/as presenciais como online |
90 |
Terase en conta a participación nos foros virtuais, tanto para os alumnos/ as presenciais como alumnos/ as online (10% nota final).
Tanto no caso de alumnos/ as presenciais como online, avaliaranse tamén dous casos prácticos cuxo contido, datas de entrega e demais características, veñen recollidos no documento "Normas materia Dirección Estratéxica" (90% nota final)
Os casos prácticos realízanse en grupo duns 5 membros (os grupos para os/ as alumnos/ as online serán asignados polas profesoras e comunicados antes do inicio das clases). A cada grupo corresponderalle escoller unha empresa do sector turístico a analizar e deberá comunicarlle ás profesoras a elección.
Mantense o mesmo sistema de avaliación na primeira oportunidade e na segunda oportunidade. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria". o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” será evaluado do mesmo xeito.
|