Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Arquitectura |
Grao en Paisaxe |
Asignaturas |
Debuxo da Paisaxe |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Debuxo da Paisaxe | Código | 630G03001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C8 | É nesta segunda metodoloxía onde o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios que deben ser desenvolvidos individualmente polo alumno: 1.- Práctica semanal de debuxo (cualificación 30%) sobre taboleiro cunha duración dunha a dúas horas e que se recollerá ao final da clase, cada semana, para a súa avaliación 2.- Práctica de curso (cualificación 70%) na que se desenvolverá un traballo de representación nun ámbito paisaxístico a concretar. Todas as semanas e nun espazo de tempo variable, dunha a dúas horas, o alumno traballará e corrixirá co profesor os avances dese traballo tutelado que desenvolverá tamén de maneira non presencial nas horas asignadas na planificación da materia. Haberá unha data final de entrega desta práctica de curso, independentemente o profesor pode fixar entregas intermedias As entregas en tempo de todas as prácticas semanais e da práctica de curso con todos os seus apartados resoltos suficientemente son imprescindibles para o aprobado da materia Asistencia mínima: 80% |
100 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar por curso o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas prácticas semanais como na práctica de curso. Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas prácticas deberán ser entregadas nas datas especificadas De non acadar o aprobado por curso, haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na ETSAC. Nesa data os alumnos entregarán previamente as prácticas semanais e de curso, no caso de non telo feito previamente Medidas de dedicación para o alumnado a tempo parcial: non se contemplan, debido a que se trata dunha materia na que o taller é a metodoloxía fundamental. Dispensa académica: non se contempla, por ser unha materia na que o taller é a metodoloxía fundamental. A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria. |
|