Recensión bilbiográfica |
B5 C6 |
Valoración das recensións achegadas polo estudante ao longo do cuadrimestre. |
20 |
Estudo de casos |
A10 B2 |
Presentaranse e avaliarán as actividades derivadas do estudo de casos, no que o alumno demostrará a súa capacidade de integración dos coñecementos teóricos no contexto clínico. Porase especial atención, entre outros, a:
1. A descripcion das metodoloxías de avaliación, intervención empregadas no contexto clínico real.
2. O establecemento dos diagnósticos e a tipificación da disfunción de orixe cardiorrespiratorio.
3. A conexión dos conceptos abordados na aula e os aspectos observados na contorna real. |
10 |
As porcentaxes asinadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións de un curso a outro en función das necesidades da materia. Nembargantes, o valor da proba obxetiva situarase sempre entre o 30 e o 40%, as recensións entre un 20 e un 30%, o traballo tutelado entre un 20 e un 30% e a saída de campo entre un 10 e un 20%. Os criterios de avaliación de primeira e segunda oportunidade serán os mesmos. Os alumnos matriculados a tempo parcial disporán de atención personalizada ao longo do curso, cunha tutoría quincenal de libre disposición.Deberán xustificar asistencia a un 50% das actividades presenciais. Os alumnos en réxime de semipresencialidade efectuarán a proba obxetiva presencialmente, ademáis de acudir en tres ocasión as aulas en relación as actividades presenciais relacionadas co traballo tutelado. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.
|