No apartado de "Traballos tutelados" (60%), o profesorado da materia avaliará tamén, de ser o caso, a exposición oral; a proba mixta computará, por tanto, como o 30%.
O alumnado terá que entregar e/ou expor os traballos e
actividades solicitados no prazo fixado.
Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas
esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, concordancia, ausencia de reiteracións etc.). No caso de se produciren
deficiencias deste tipo, estas serán penalizadas na cualificación.
O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.
A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta e/ou cando tiver entregado menos de 50% do número de actividades totais.
Na segunda oportunidade, en xullo, será tida en conta a seguinte distribución: proba mixta (40), traballo tutelado (60).