Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obligatoria á participación no 80% das sesións da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.
Segunda oportunidade: ao alumnado que participe en máis dun 80% das sesións da materia na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcance ese mínimo e poderá solicitárselle que as realice de forma individual.
O alumnado que non participe nun 80% das sesións da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades. Realizarase unha proba (100%) na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.
En ambas oportunidades a
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
NOTA: as metodoloxías
de “Práctica de actividade física” e “Saídas de campo” están suxeitas á
posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de
seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de
aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas
metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión
maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta
breve”).