Teaching GuideTerm University College of Nursing (C) |
Grao en Enfermaría |
Subjects |
Nursery Nursing |
Assessment |
|
|
|
Identifying Data | 2022/23 | |||||||||||||
Subject | Nursery Nursing | Code | 661G01018 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | Yearly |
Third | Obligatory | 9 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Mixed objective/subjective test | A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B2 B3 C1 | Realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ó rematar o curso. A proba constará de preguntas curtas e tipo test, relacionadas coas competencias da materia. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos. A puntuación mínima para superar a proba será de 5 puntos. O exame, para calquera convocatoria, será de preguntas curtas e preguntas test, contando negativo as respostas non acertadas no test, de forma que de cada tres mal, descontarase unha acertada. As preguntas tipo test suporán un 50% da proba e as preguntas curtas o outro 50%. Será preciso acadar un mínimo nambas partes para ter superado a proba, a saber: · 60% das respostas da parte tipo test (unha vez restadas as non acertadas) · 50% das respostas da parte de preguntas de resposta curta. |
60 |
Supervised projects | A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B4 B9 B10 B13 B14 B15 C1 C7 C10 C11 C12 | A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. A avaliación dos traballos inclúe a valoración de competencias específicas e transversais, e farase tendo en conta, fundamentalmente, os seguintes aspectos: - O estudante exprésase e redacta con claridade, empregando léxico específico - Manexa as fontes de información sanitaria - Aplica os coñecementos teóricos - Segue unha orde lóxica no discurso - Relaciona conceptos/temas - Ausencia de faltas de ortografía e de sintaxe - Cita correctamente a bibliografía - É creativo/innovador na elaboración do traballo escrito, mantendo as normas establecidas Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos. A puntuación mínima para superar esta metodoloxía será de 5 puntos. |
40 |
Assessment comments | |||
Será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos na proba mixta para a aplicación da porcentaxe na nota final. Para superar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos na avaliación de cada unha das partes: Maternal e Infantil. Poderase realizar una avaliación parcial mediante unha proba escrita das Valorarase a presencialidade/asistencia e a participación activa (sesión maxistral, traballos de grupo, prácticas de laboratorio). Dada a obrigatoriedade da presentación dos traballos tutelados, non terán opción de superar a materia na primeira oportunidade os estudantes que non presenten tódolos traballos, na forma e data indicada. Avaliación 2º oportunidade Proba mixta: ésta computará un 70% Traballos tutelados: computarán o 30% e deberán ser entregados o día da realización da proba mixta; sempre que non teñan sido entregados antes, en cuxo caso, terán o mesmo peso na avaliación que para a 1ª oportunidade. Adianto de oportunidade Proba mixta: ésta computará un 100%, incluíndo preguntas relativas ó desenvolvemento dos traballos tutelados. Estudantes con matrícula parcial Proba mixta: ésta computará un 70%. |
|