Guía DocenteCurso Escola Politécnica Superior |
Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade |
Asignaturas |
Polímeros nun Desenvolvemento Enerxético Sustentable |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Polímeros nun Desenvolvemento Enerxético Sustentable | Código | 730547014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. As profesoras exporán os contidos mais importantes da materia utilizando presentacións audivisuais. Facilitarase o dialogo e discusións de cuestións relacionadas co alumnado presente. |
Prácticas de laboratorio | Metodoloxía que permite ao alumnado aprender efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. |
Proba de resposta múltiple | Despois de cada sesión maxistral o alumnado , poderá facer un test online sobre a materia vista, a través da plataforma Moodle. O test puntuará na nota final. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes, baixo a tutela do profesorado. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe pola profesora-titora. As profesoras proporán varias temáticas a elixir para o traballo tutelado. Cada estudante elaborará o seu traballo baixo a supervisión da titora correspondente. Finalmente, o/a alumno/a exporá os aspectos principais diante do resto da clase cunha breve exposición oral. |
|