Guest lecture / keynote speech |
Os alumnos poderán dispor con antelación da colección de capítulos que inclúa a lección que o profesor explicará no xeito sesión maxistral. Para unha mellor comprensión das explicacións se engadirán recursos audiovisuais, transparencias u outros medios que a escola habilite |
Mixed objective/subjective test |
Os alumnos teñen dúas opcións
1ªOPCIÓN Facer unha proba mixta única nas datas aprobadas en xunta de escola no que entrará toda materia impartida.
Os contidos ollados nas saídas de campo no caso de realizarse avaliaranse nesta proba obxectiva.
2ªOPCIÓN Queda a decisión do alumnado particionar o exame final en duas probas, se optan por facelo renuncian a 1ª opción .Farán unha 1ª parte do exame final entrarán os capítulos do tema I a tema VIII, (acordarase consensuadamente a data da proba e posteriormente publicitarase en moodle recibindo o alumnado unha notificación por correo). Farase a segunda parte do exame final co alumnado que opte por facer a 1ª opción, nesta proba entrarán os restantes temas da materia que se chegaran a dar nas sesións de clase.
Os contidos ollados nas saídas de campo no caso de realizarse avaliaranse nesta proba obxectiva. |
Field trip |
No caso de facerse saídas de campo, con anterioridade da realización da saída de campo, na aula explicarase a información subministrada referente a visita para que no percorrido das instalacións o alumno teña os mínimos coñecementos que lle permitan un óptimo aproveitamento. O alumnado deberá ter ollada a documentación da visita, información que poderá dispor o habilitárselle unha páxina na web da UDC dende onde poderá descargar a documentación pertinente. |
Supervised projects |
A cada alumno que acade unha puntuación superior a 4 na convocatoria ordinaria o profesor podrá ofertar a feitura dun traballo que deberá presentar en soporte papel nun prazo determinado, e defender mediante unha presentación oral, traballo que normalmente consistirá nun mini proxecto de execución individual, podendo ser este dunha instalación de aproveitamento fotovoltaico, térmico o minihidráulico, temática e características do traballo que fixará persoalmente o profesor. No caso de ter nota inferior a 4 o alumnado pode solicitar entregar tamén un traballo que non lle exime de facer o exame e reportaríalle unha nota máxima dun punto.
Optando por realizar o traballo, deberá facer a defensa do mesmo cunha presentación oral, na que a escola facilitaralle o soporte informático e audiovisual que requirise a presentación. O tempo máximo que dispón na presentación é dunha media hora de duración. O seu remate o alumno responderá as preguntas sobre o traballo que o profesor estime facerlle.
Data de presentación: O alumno recibirá un correo no que se indica a entrega do traballo e a data de presentación, a calificación daráselle con unha semana minimo de antelación do esame 2ª oportunidade (Xullo) |