A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para o alumnado de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño).
Para superar a materia é necesario aprobar a proba tipo mixto (a puntuación mínima para superar a proba será de 5).
O alumnado que concorran á segunda oportunidade (xullo) poderán escoller o mesmo sistema de avaliación ou o de exame único:
a) Se opta polo mesmo sistema de avaliación que en xuño, excepcionalmente e só durante este curso académico, poderá conservar a nota da parte que tivese aprobada -se fose o caso- na oportunidade de xuño.
b) Se opta polo sistema de exame único, deberá solicitalo por escrito ao profesor antes da data oficial de avaliación. Nese caso o exame contará con dúas preguntas adicionais relativas ás materias traballadas mediante o obradoiro realizado ao longo do curso.
O alumnado con matrícula a tempo parcial poden acollerse ao sistema de avaliación de exame único tanto na convocatoria de xuño como na de xullo, debendo solicitalo por escrito ao profesor antes da data oficial de avaliación.
A cualificación de Matrícula de Honra poderán obtela o alumnado que puntúen polo menos un 9, con preferencia para as cualificacións de 10. O profesor poderá dirimir quen obtén esta cualificación utilizando a tal fin o contido do exame e dos obradoiros. En caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas, o profesor pode convocar aos alumnos/- as aspirantes para a realización dunha proba voluntaria que dirimirá quen obtén a cualificación MH ata o máximo de matrículas permitido.
Calificación de No Apto: poñerase cando o estudantado non se presente á proba obxectiva de coñecementos.