Para liberar a materia do examen parcial,
requerirase cumprir os requisitos mínimos fixados no exame e obter unha
calificación total (teoría+práctica) mínima de 4.
A nota final das probas mixtas obterase
mediante a media das mesmas, sempre e cando se cumplan os requisitos mínimos
fixados no exame e se obteña unha calificación total mínima de 4 en cada un deles. No
caso de non cumprir os requisitos, pero a nota media sexa igual ou superior a
4, a calificación final da materia será de SUSPENSO (4).
Para superar a materia é CONDICIÓN
NECESARIA:
- Superar todas as partes das recollidas na táboa, sen que ningunha das
notas sexa inferior a 4 (nota mínima para compensar)
- Cumprir os requisitos mínimos fixados nos exames.
As notas dos traballos e do exame parcial
gardarase ata a 2º oportunidade (xullo). En segunda oportunidade sólo poderase
recuperar a proba mixta, no pudiéndose recuperar o resto de metodoloxías da
táboa anterior.
Na evaluación da oportunidades adiantada
de decembro, só se terá en conta o exame que terá unha ponderación do 100%.
Para superar a materia nesta oportunidades deberanse cumplir os requisitos
mínimos fixados no exame.
Durante o curso confirmarase se leva a
cabo a visita á/as empresa/s ou no seu caso asistirase a algún evento científico, en
calquera dos dous, requirirase a realización dun traballo.
O "alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia"
comunicará o inicio do curso a súa situación á profesora da materia, según
establece a normativa da UDC. No caso de que este alumnado non poida asistir á
visita á empresa plantexada, a profesora planteará un traballo alternativo.