No marco dos "Traballos tutelados" poderanse incluír aspectos tales como asistencia a clase, traballo persoal, traballos persoais propostos, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado.
A "Proba mixta" dividirase nunha parte teórica tipo test, nunhas preguntas sinxelas, e nuns exercicios. A nota obtida polo alumno cos "Traballos tutelados" será ponderada coa nota obtida nos exercios da "Proba mixta".
É necesario superar o 50% da puntuación no test da "Proba mixta" para aprobar.
Os alumnos que non aprobaran os "Traballos tutelados" terán que superar uns exercicios con máis apartados na "Proba mixta".
Para a segunda oportunidade non haberá un segundo plazo de entrega de traballos, e a evaluación relativa a "Traballos tutelados" incluirase na "Proba mixta".
Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada de decembro serán iguais ós da segunda oportunidade do curso anterior.
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán evaluados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas.