Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (a distancia)
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación Cualitativas, Prospectivas e Participativas
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 C1. Coñecer ao detalle os principais avances teóricos e prácticos en materia e técnicas de investigación cualitativa e cuantitativa e a súa aplicación - crítica, reflexiva e contextual - para comprender, definir e explicar fenómenos de alta complexidade e incerteza asociados aos retos sociais, económicos e políticos actuais.
A2 C2. Coñecer ao detalle os fundamentos teóricos e prácticos da investigación-acción participativa e do uso avanzado da investigación social para a intervención no ámbito público e privado.
A3 C3. Coñecer de forma detallada os fundamentos teóricos e prácticos das técnicas prospectivas e o uso avanzado das mesmas para emitir conclusións fundamentadas na evolución futura de retos sociais, económicos e políticos complexos e de alta incerteza.
A4 C4. Coñecer, comparar e combinar de forma creativa e nova as principais paradigmas e deseños de investigación (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa), recollendo os principais avances recentes en cada deseño.
A11 H1. Avaliar e seleccionar a paradigma metodolóxico adecuado (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa) para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada sobre fenómenos asociados aos retos sociais, económicos e políticos.
A13 H3 Desenvolver unha investigación aplicada con fins de intervención relacionada con algún reto complexo da sociedade.
A15 H5 Levar a cabo unha investigación de tipo cualitativo e cuantitativo en R.
A17 H7 Adquirir a capacidade de continuar profundando nos métodos de investigación e análise dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido e autónomo.
A19 H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación.
A20 CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas.
A24 CP5. Ser capaz de traballar con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas avanzadas propias das ciencias sociais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes