Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
 Asignaturas
  Análise Estatística Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A24 A25 A26 A primeira práctica (cun valor de 6 puntos) realizarase en grupo, maioritariamente na aula. Centrarase no desenvolvemento e análise completa de dúas técnicas de análise multivariante a concretar. 100
Proba obxectiva A14 A proba obxectiva (cun valor de 4 puntos) será individual. Consistirá na exposición razoada de diferentes supostos/análises de resultados das técnicas de análise multivariada a determinar. 0
 
Observacións avaliación

É condición indispensable para superar a materia, obter como mínimo na práctica e proba obxectiva, a metade da máxima cualificación outorgable (5 de 10).

A avaliación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia, será igual que a do alumnado con dedicación completa.

Na convocatoria de 2ª oportunidade, os criterios de avaliación e traballos cualificables serán iguais aos propostos para a convocatoria de 1ª oportunidade.

Na convocatoria de 2ª oportunidade, para ser avaliado o alumnado terá que entregar novamente a práctica e, asemade, realizar novamente a proba obxectiva.

En ningún caso a convocatoria de 2ª oportunidade está
pensada para subir a  cualificación da
convocatoria de 1ª oportunidade.

A
realización de plaxio implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en
que se cometa. Con outras palabras, o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.

Para a realización das prácticas, utilizarase como software de análise, en principio, SPSS-Statistics, R, Jamovi e Microsoft Excel. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes