Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A8 A9 A10 A12 A19 A21 A23 A32 A33 A35 B5 B13 B20 B24 B25 B27 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
50
Traballos tutelados A20 A19 A21 A23 A25 A29 A31 A32 A33 A35 A36 B5 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B24 B25 B27 C1 C4 C6 C8 A través destes traballos, debidamente presentados, organizados nun cartafol, e en formato dixigital tamén, serven para evaluar e considerar tanto os coñecementos como as habilidades adquiridas durante o curso e as distintas actividades realizadas, como o esforzo, a dedicación e o traballo de colaboración personal e grupal levado a cabo de xeito continuado de cada unha das persoas dos grupos.


50
 
Observacións avaliación



A planificación exposta supón a
aplicación dun sistema de avaliación continua.



Terase en conta a asistencia e participación positiva do alumnado nas diferentes actividades da asignatura, de xeito moi especial, todas aquelas que conleven a responsabilidade de acadar obxectivos grupais, para o ben común que formará parte da avaliación final de cada persoas. Para poder presentarse ó exámen será obligatorio asistir polo menos ao 80% das clases.



Fóra do sistema de avaliación
continua, para as avaliacións das convocatorias oficiais, realizarase unha
proba de ensaio sobre os contidos das lecturas asignadas e os debates
traballados durante o curso.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes