Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías
 Asignaturas
  Intervención nos Problemas de Comunicación e Linguaxe en T.E.A.: Propostas Informáticas para a Inter
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Todos os traballos do Bloque II serán entregados a través do Campus Virtual, en formato dixital, sen necesidade de imprimilos, contribuindo deste modo a unha educación baseada nun modelo sostible.


Para o desenvolvemento do Bloque II é preciso asistir a clase cun ordenador portátil.

Perspectiva de Xénero 

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) 

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 

Programa Green Campus da Facultade

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible, os traballos documentais que se realicen nesta materia: 

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 

b. De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos 

- Realizaranse impresións a dobre cara 

- Empregarase papel reciclado 

- Evitarase a realización de borradores



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes