Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (semipresencial)
 Asignaturas
  Investigación en Ocupación Humana e Determinantes Sociais da Saúde
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A3 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B11 C1 C4 C7 C9 Deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación.
Proceso 60%, con 3 entregas no decorrer da materia.
20% Análise argumentado sobre o sistema de saúde
20% Análise argumentado sobre os determinantes sociais da saúde
20% Análise argumentado das ocupacións implicadas
60
Proba mixta B4 B8 B9 B10 B12 Proxectos de investigación e artigos relacionados aos determinantes sociais da saúde. Realizarase unha proba mixta na que o estudantado evidenciará o seu coñecemento e aplicabilidade en relación aos contidos traballados na materia. 40
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art.º 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).

Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado como “Non presentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que o estudante ten por materia.

Con carácter xeral, a avaliación das materias será continua ao longo do curso, sen prexuízo do indicado nas memorias de verificación da titulación. A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación. Como norma xeral incluirase unha actividade de avaliación para realizar nas datas establecidas no calendario académico oficial. Esta actividade tamén poderá establecerse como proba global de avaliación dos resultados de aprendizaxe ou, no seu caso, formar parte do proceso de avaliación continua. As guías docentes deberán establecer a ponderación das distintas actividades de avaliación e, no seu caso, da proba global, no marco que o centro puider establecer.

Se valorará a puntualidade e a asistencia obligatoria a todas las horas presenciales das metodoloxías establecidas na materia.

Para aprobar a materia, o alumno debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e ter superadas cada una das metodoloxías que conforman a asignatura. Ademais, será necesario ter unha calificación mínima de 2.5 (sobre 5) puntos na proba mixta, e só se terán en conta para a calificación final as notas das outras metodoloxías, se o/a alumna/a acada dita puntuación na proba mixta. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida na proba mixta. As notas obtindas no resto de metodoloxías serán tidas en conta para a súa calificación na segunda oportunidade (xullo), no caso de telas aprobadas e superada a proba mixta.

Segundo a norma que regula o réxime de dedicacón ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación do estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa.

Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias".

Dacordo coa Normativa Disciplinar do estudantado da Universidade da Coruña, Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023 e modificado no seuartigo 11.4.b polo Consello de Goberno de 28/06/2023, de detectarse plaxio nos traballos dos estudantes,sendo considerado unha falta grave, a cualificación na convocatoria será de suspenso con valor numérico de 0.

Asemade, a docente responsable reserva a posibilidade de realizar algún cambio na avalación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes