Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Patrimonio Cultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A8 A13 A18 A23 A31 A33 B1 B2 B4 B6 C1 C2 C4 C6 C7 Estudo e análise de casos reais, para chegar a conclusións razoadas a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo ou de xeito individual. Os casos serán propostos na calse por parte do profesorado ou do alumnado. 10
Proba mixta A1 A2 A3 A8 A13 A14 A18 A23 A30 A31 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C4 Exame escrito ou oral no que se combina o comentario de texto co recoñecemento de imaxes e preguntas específicas sobre a materia referida a Patrimonio Cultural e Santiago. Para facer o cómputo coas demais porcentaxes, é preciso superar o exame nun 50% 60
Foro virtual A5 A8 A13 A18 A19 A29 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C8 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Consisitirá nun traballo relacionado coa materia que será exposto en clase.
10
Traballos tutelados A3 A5 A8 A13 A23 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6
Traballo ou proba tutelada pola profesora na que se simulará unha visita guiada ou se demostrarán coñecementos sobre a cidade da Coruña de forma oral.
20
 
Observacións avaliación

O alumnado do grao on line non ten a obriga de asistir ás clases programadas na semana, pero sí a visualizar as clases maxistrais ou interactivas gravadas, así como os materiais engadidos na plataforma Moodle. Valorarase a participación nos foros propostos e a asistencia a titorías individualizadas.

Todas as probas teñen que superar o 50% da nota, para poder facer o cómputo final. O alumnado que suspenda cualquera das partes figurará en actas coa calificación obtida na parte suspensa, ata que se poda facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. 

O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva (independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun " NP" (Non Presentado), aínda no caso de ter feito, presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación.

Tanto en primeira como en segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación.

A convocatoria adiantada consistirá nunha proba mixta que computará o 100% da materia

Os traballos propostos serán presentados  en formato on line, mentres que a proba mixta terá que realizarse de modo presencial.

 As instruccións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. 

Os devanditos criterios de avaliación aplicaranse tanto na primera como na segunda oportunidade. A parte da materia liberada polo alumnado mediante unha proba parcial, só terá validez para o curso actual. Si unha persona que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materiano seu conxunto, nin en primera nin en segunda oportunidade, a súa calificación final será suspenso, e tenrá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

 Está prohibido acceder a aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 

 Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calquera delas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou aprobe a parte que falte para poder facer o cómputo final. Pode darse o caso de que unha persoa suspenda algunha das partes, pero que a suma co resto dea aprobado.Nese caso a nota será un suspenso (o suspenso máis alto das que aparezan suspensas), pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: 

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes