Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Auditoría Laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A4 A5 A14 A15 A26 B3 B5 B6 B7 B9 B13 B15 C1 C8 O estudo de casos culmina coa presentación dun portafolio por parte do alumno, no que se presenta de maneira monográfica o conxunto dos casos analizados e resoltos durante as sesións interactivas da materia. 60
Proba obxectiva A1 A7 A11 A16 A17 A18 A21 A23 A24 A25 A31 B1 B2 B4 C3 C6 A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/o de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. 40
 
Observacións avaliación

1) O
alumnado con dispensa académica terá a posibilidade de presentarse
exclusivamente á proba obxectiva final, nas datas sinaladas pola Xunta de
Centro, na que terá que resolver unha proba teórica de coñecementos e
enfrontarse a un suposto práctico. A valoración neste caso da proba final será
sobre 10 puntos. Nas convocatorias extraordinarias gardarase a nota da parte
que superase na convocatoria ordinaria, de ser o caso.

2) A
entrega das prácticas, documentos ou arquivos elaborados polos alumnos (e que
integrarán os seus portafolios individuais) farase exclusivamente a través de
Moodle e nos prazos fixados para cada unha delas.

3) De acordo
co artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC, o alumnado que incurra en fraude ou plaxio terá
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto
da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado como
"suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidadade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta
de primeira oportunidade si fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes