Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía |
Asignaturas |
Laboratorio Básico Integrado |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Laboratorio Básico Integrado | Código | 610G04004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | A7 B7 B9 | O caderno de laboratorio é o elemento principal na avaliación da materia, tendo en conta o seu carácter eminentemente práctico. O caderno recolle tanto o traballo realizado polo/a alumno/a no laboratorio, coma a súa capacidade de transmitir as súas observacións, analizar os resultados e obter conclusións baseadas nos datos. O prazo de entrega do caderno de cada módulo, para a súa avaliación polo profesorado correspondente, será unha semana despois de rematar as prácticas do módulo. |
70 |
Proba obxectiva | A2 B3 B10 B12 C9 | A proba obxectiva consistirá nun exame tipo test ou de preguntas cortas, de cada un dos módulos. A finalidade desta proba é comprobar a asimilación dos coñecementos adquiridos no laboratorio. A proba terá lugar na data marcada no calendario de exames oficiais da Facultade. |
30 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia ás sesións de prácticas programadas é obrigatoria. Máis dunha falta sen xustificar implicará a non superación da materia. As faltas deberán xustificarse sempre e, se é posible, recuperarse noutro grupo. A cualificación global será a media das cualificacións de cada un dos 3 módulos. Para superar a materia é preciso acadar un mínimo de 5/10 en todos e cada un dos módulos. De non aprobar algún/s dos módulos, o/a alumno/a terá que recurrir á segunda oportunidade, na que se manterá a cualificación dos módulos aprobados. O alumnado que vaia á segunda oportunidade terá que corrixir o/s caderno/s de laboratorio correspondente/s, e entregalos para unha nova avaliación nun prazo de 30 días a partir da publicación das notas definitivas da primeira oportunidade. A cualificación desta revisión xunto coa cualificación do exame de xullo será a nota da 2ª oportunidade, manténdose as porcentaxes de 70% caderno e 30% exame igual que na primeira oportunidade. "Durante a realización da proba práctica, en calquera de A realización fraudulenta das probas e/ou actividades implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida en tódalas actividades de cara á seguinte oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico. Considérase fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas presencialmente na aula, que se fagan dende fora da aula, prodedendo segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC." ALUMNADO MATRICULADO CON DISPENSA ACADÉMICA O MATRICULA A TEMPO PARCIAL: Todo o alumnado matriculado ten que realizar as prácticas obrigatoriamente. Porén, para facilitar a súa realización ao alumnado con dispensa ou matrícula parcial, poderán facelas no turno ou turnos que máis lles conveña, dentro do calendario oficial. No caso de falta non xustificada, aplicaranse os mesmos criterios que se describiron para o alumnado de matrícula ordinaria. |
|