Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía |
Asignaturas |
Nanotecnoloxía en Medio Ambiente |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Nanotecnoloxía en Medio Ambiente | Código | 610G04038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Seminario | Nos seminarios impartiranse os contidos do tema de Nanotecnoloxía en Agricultura. Neles farase unha revisión das potenciais aplicacións da Nanotecnoloxía no sector agrícola, e o alumnado desenvolverá casos prácticos ad hoc, que requirirán o coñecemento e aplicación non só da tecnoloxía, senón tamén da lexislación propia do sector agrícola. |
Prácticas de laboratorio | No laboratorio levará a cabo a resolución de casos prácticos que incluirán unha serie de actividades individuais ou en grupos reducidos para que o/a estudante aprenda a manexar diversas técnicas utilizadas na nanotecnoloxía ambiental. Realizarase unha monitorización en continuo de nanopartículas no aire ambiente nas instalacións do Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA). O alumnado deberá elaborar unha memoria cunha análise crítica e detallada do traballo realizado. Contémplase a visita a unha empresa do sector de tratamento da auga. |
Proba mixta | Proba escrita para avaliar os resultados da aprendizaxe por parte do alumnado. Inclúe preguntas de opción múltiple, de asociación, explicación e resolución de problemas. |
Sesión maxistral | Impartiranse os contidos teóricos fundamentais de cada un dos temas empregando medios audiovisuais e/o informáticos. Fomentarase o diálogo e a participación para a correcta comprensión da materia con exemplos prácticos e estudo de casos. Para o seu mellor aproveitamento, o alumnado dispoñerá no Campus Virtual dos materiais docentes de cada tema. |
|