Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas |
Asignaturas |
Traballo fin de Mestrado |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo fin de Mestrado | Código | 611448013 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | B1 B3 B5 B8 B11 B19 B23 B28 C1 C7 C8 | En caso de non houber requisito explícito esixido por regulamento de TFM, o Traballo de Fin de Mestrado só poderá ser avaliado unha vez que se teña constancia de que o alumnado ten superado cando menos o 70% dos créditos totais necesarios para a obtención do título de Máster. Antes da presentación para ser avaliada, o titor supervisará a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e que se desenvolva de acordo coas presentes normas. Dará a súa opinión sobre cada estudante e o traballo realizado cubrindo o formulario elaborado e dando a conformidade para que se poida presentar ante a Comisión Avaliadora do Traballo Fin de Mestrado. O traballo será defendido polo alumnado ante a Comisión Avaliadora designada pola Comisión Académico-Docente da Facultade. |
100 |
Observacións avaliación | |||
Regulamento de TFM Os TFM regúlanse polo Regulamento de Traballos de Fin de Mestrado nos títulos da Facultade de Economía e Empresa da UDC. Defensa pública A defensa da Máster-Tese será realizada polo alumnado en sesión pública, por medio da exposición oral do seu contido ou das liñas principais do mesmo, durante o tempo máximo de 20 minutos. A continuación, o alumnado contestará as preguntas e as aclaracións que formulen os membros da Comisión Avaliadora. A Comisión Avaliadora deliberará sobre a cualificación a porta pechada, e dará audiencia ao titor da Máster-Tese antes de outorgar unha cualificación de suspenso. Para a avaliación da Máster-Tese o tribunal valorará: No caso de Máster-Tese con orientación profesional: a existencia dun produto/resultado, aplicabilidade e funcionalidade e calquera outra característica que permita establecer as capacidades do alumno no ámbito profesional relacionado coa temática do Máster. No caso de Máster-Tese con orientación académica: a calidade científica do traballo, valorada tanto polos resultados alcanzados, difusión e/ou as posibilidades de continuidade do traballo. En ambos casos se valorará tamén a presentación pública da Máster-Tese e a calidade formal do documento presentado. A cualificación outorgarase nunha escala numérica de 0 a 10. |
|