Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Economía |
Asignaturas |
Análise Económico das Organizacións |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Análise Económico das Organizacións | Código | 611G01032 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A2 A4 A5 A6 A10 A11 A13 B1 B5 B6 B8 C7 C8 | Traballos en grupo sobre unha empresa ou proxecto de aprendizaxe e servizo | 30 |
Proba obxectiva | C6 | Exame tipo test que se realizará na data establecida no calendario académico oficial | 60 |
Análise de fontes documentais | A3 A7 A12 | Uso de fontes de información axeitadas. Cada grupo deberá expoñer en clase un concepto ou epígrafe non visto con anterioridade | 10 |
Observacións avaliación | |||
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: Condicións de realización dos exames: Lémbrase que está prohibido acceder ás probas de avaliación continua/exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Asímesmo, lémbrase que calquera alumno/a sorprendido/a realizando as probas de avaliación continua/exame mediante calquera procedemento fraudulento asignaráselle unha nota de cero na devandita actividade de avaliación continua/exame (en todas oportunidades). Identificación do estudante : O/a estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. B) TIPOS DE CALIFICACIÓN: Cualificación de non presentado : Corresponde ao alumno/a, cando participou en menos dun 20% dos traballos , con independencia da cualificación alcanzada. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia : Tanto aos/as alumnos/ as a tempo parcial como a tempo completo aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación. C) SEGUNDA OPORTUNIDAD DE AVALIACIÓN E CONVOCATORIA ADIANTADA: Segunda oportunidade e convocatoria adiantada : Os criterios de avaliación e cualificación son exactamente iguais en todas as oportunidades de avaliación. Gardarase a nota da avaliación continua para a segunda oportunidade, pero en ningún caso para cursos posteriores. Os estudantes poderán repetir as actividades de avaliación continua, na segunda oportunidade, o que pode conlevar unha nota mellor, peor ou igual que a obtida para a primeira oportunidade. Para iso, poñeranse en contacto co seu profesor/a con suficiente antelación, para planificar a realización das devanditas actividades. D) OTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN: Os/ as profesores/ as encargados/as desta materia poñerán ao dispor do alumnado as normas para o desenvolvemento dos traballos propostos nesta guía docente. Se non se asiste, polo menos, ao 70% das clases, non se poderán avaliar as probas de avaliación continua. Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10, pero é un requisito indispensable a obtención de 4 puntos sobre 10 na proba obxectiva. Senon se alcanza este mínimo na devandita proba, suspenderase a materia. Considérase que un/a alumno/a está dentro da avaliación continua e, por tanto, aplicaráselle o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos encargados. Se dito/a alumno/a non se presenta á proba obxectiva, terá unha nota de cero en actas. En caso de fraude académica, o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |
|