Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A5 A7 B6 B7 B11 C4 |
Proba tipo test que levará a cabo o alumno como unha das formas de evaluación global dos coñecementos adquiridos. |
70 |
A nota final na matería obteráse da realización dun exame (70% da nota final) e da realización das actividades no marco da avaliación continua (30%).
O exame será tipo test e terá 50 preguntas (25 preguntas de Dº administrativo; 20 preguntas de Dº civil; e 5 preguntas de Dº mercantil). Cada pregunta terá catro respostas; unha soa será a resposta correcta. As preguntas correctas suman 0,2 pts. e as preguntas incorrectas restan 0,05 pts.
A nota da avaliación continua (3 ptos.) repartirase entre as áreas de coñecemento do seguinte xeito: Dº Administrativo 1,5 pts; Dº Civil 1 pto; e Dº Mercantil 0,5 pts.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente. Avaliación do “alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”: o estudantado nesta situación porase en contacto co profesor/es por correo electrónico para ir entregando ou realizando as prácticas da asignatura por medios compatibles coa súa situación (correo electrónico ou Teams). Estas prácticas terán un valor do 30% da nota, e o exame final dun 70%. O mesmo sistema seguirase para a segunda oportunidade.
|