Avaliación na primeira oportunidade
Poderá ser tido en
conta o seguimento obxetivable do
curso e a
participación activa pola parte do estudiante, reflectíndose na
calificación con ata un 20% da nota final. A porcentaxe restante
da calificación (entre 80% e 100%) dependerá da evaluación
da Proba mixta e da Proba páctica, e
calcularase reescalando se é preciso as porcentaxes que figuran na
táboa superior.
Para superar a materia é necesario acadar unha calificación total mínima de 50 puntos, sendo en
todo caso obligatoria a presentación á Proba mixta. Quen non se
presente á Proba mixta será calificado como 'non presentado'.
Avaliación na segunda oportunidade
Farase cos mesmos criterios da primeira oportunidade. O alumnado que houbera presentado a Proba práctica na primeira
oportunidade conservará a nota obtida na súa avaliación na primeira oportunidade.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tiempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia que decida non asistir regularmente ás clases, será
evaluado nas dúas oportunidades como o resto do alumnado que se atopa nunha situación similar.
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con suspenso (0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.