A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
na que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometeu: ou/a
estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta
prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario. O profesorado poderá facer os trámites que considere oportunos en
caso de sospeita. |